A VOZ DA RAPAZADA

 O noso alumnado ten moito que dicir e compartir con toda a comunidade. Estade atentxs a esta páxina na que irán expoñendo as súas inquietudes e suxerencias.

 

   O NADAL NO COLEXIO



Nesta primeira entrada imos escribir sobre a celebración do Nadal no colexio. Aínda que son unhas navidades un pouco diferentes, ímolo pasar moi ben con todas as actividades que se celebran no cole estes días. 

En Infantil fixeron murais xunto ás súas titoras que lles quedaron moi bonitos. Outra actividade será a visita aos Reis Magos e lles levarán as súas cartas para meter no Buzón Maxico. Os Reis Magos estarán acompañados dos paxes que se encargarán de darlle caramelos aos que se portaron ben este ano. Tamén participaron nun vídeo rodado coa profe Verena na que os pequerrechos levan ledicia por todo o colexio. Por outro lado fixeron un festival gravado para amosarlle aos seus pais e nais.


En Primaria participaron no vídeo que fixeron os compañeiros de infantil. A rapazada de 5º cantou as panxoliñas  e entre todos fixeron un programa especial de Nadal para BiblioTortu TV. Decoraron os corredores con árbores e guirnaldas e algunha que outra clase fixo un pequeno Belén. A rapazada de 6º e 5º farán coma todos os anos o xogo do amigo invisible O Apalpador visitounos para felicitarnos o Nadal e desexarnos felices vacacións.

En ESO participaron no programa de TV cun anuncio publicitario sobre a igualdade, tamén fixeron a representación dos Reis Magos e os seus paxes e foron as corresponsas no programa de TV.

Un gran traballo de todos noraboa e felices festa.

Noticia redactada por Ana María Seco Allegue, Rita Filgueira Bravo e María Rodríguez Fernández para BiblioTortu News.


Comentarios