El Lazarillo de Tormes

 



O alumnado de 3º Isaac, Manuela e Alejandra chamoulles a atención o feito de que no Lazarillo de Tormes atopáranse tantos refráns e frases feitas que reflexan a realidade social e as experiencias do protagonista. Deste xeito decidiron seleccionar algúns exemplos notables e investigar o seu significado.

Estes ditos populares axudan a ilustrar a loita pola supervivencia de xente sen recursos, a actitude ante a adversidade dos seres humanos cando pasan necesidades.

Aquí tedes exemplos de refráns e frases feitas no Lazarillo de Tormes:

1. "Escapar del trueno y dar en el relámpago":

Este refrán, presente no libro, significa pasar dunha situación mala a outra peor. Na obra, Lázaro experimenta situacións adversas que o llevan a cambiar de amo, a miudo empeorando a súa sorte. Hoxe diríamos algo así como: Sair de Guatemala e ir a Guatepeor.

2. "Donde una puerta se cierra, otra se abre":

Esta frase utilizase para transmitir unha mensaxe de esperanza, indicando que cando unha oportunidade se perde, outra pode xurdir. No contexto da novela, aínda que Lázaro sufra perdas e desenganos, tamén atopaa novas posibilidades. Segue a ser unha frase utilizada actualmente.

3. "Hacer algo en dos credos":

Esta expresión refírese a realizar unha acción moi rapidamente, no tempo que toma rezar dous credos. Lázaro a múdo necesita actuar con rapidez para sobrevivir e adaptarse ás circunstancias cambiantes.

4. "Tener a buen recaudo":

Esta frase significa gardar algo con seguridade, protexéndoo de roubos ou perdas. Lázaro, sempre en situacións de necesidade, debe aprender a protexer o pouco que ten.

5. "Ir de mal en peor":

Este refrán describe a situación de Lázaro, quen constantemente pasa dun amo a outro, enfrentándose a dificultades cada vez maiores.

6. "Cuando la desdicha ha de venir, por demás es diligencia":

Esta frase suxire que algunhas desgrazas son inevitables, e que os esforzos por evitalas pueden ser en inútiles. Lázaro enfrentase a situacións nas que, a pesares dos seus esforzos, non pode evitar a mala fortuna.

7. "San Juan es venido, mal haya quien bien os hizo":

Esta frase reflexa a ingratitude e o olvido dos favores recibidos por parte dalgúns personaxes, como os mozos que se despiden dos seus amos despois dun tempo.

8. "Criado te he y con buen amo te he puesto; válete por ti":

Esta frase, pronunciada por un dos amos de Lázaro, mostra a actitude de desapego e falta de responsabilidade cara o criado.

9. "Huelgo de contar a Vuestra Merced estas niñerías, para mostrar cuánta virtud sea saber los hombres subir siendo bajos, y dejarse bajar siendo altos cuánto vicio":

Esta frase, aínda que non é un refrán en si mesma, expresa a visión do autor sobre a ascensión e caída social, mostrando a importancia da virtude e a humildade en diferentes circunstancias.

Que refrán ou frase feita utilizas algunha vez?

Comentarios