Onte na biblioteca os nenxs de sexto realizaron uns experimentos aos nenxs de cuarto; entre eles houbo o experimento do ovo gomoso, outro sobre a oxidación da mazá, outro sobre unha candea que se apaga se lle pos un vaso enriba, outro sobre a clorofila das follas...
.
xoves, 5 de decembro de 2019
O SEXISMO NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN
O outro día tivemos o placer de estar coa creadora da exposición contra o machismo, Ascen Bravo.
Na asignatura de libre configuración da ESO están a tratar o tema dos machismo nos medios de comunicación; e isto deulles a inspiración para facer a exposición. O traballo cos rapaces foi moi gratificante e estiveron moi implicados coa exposición.
xoves, 24 de outubro de 2019
CICLO CURTAMETRAXES PLASTICO 0%
Durante esta semana, aproveitamos para visitar a biblioteca e sumerxirnos nun mar de plásticos que os compañeiros e compañeiras de 5º de Educación Primaria se encargaron de ensinarnos presentando algunhas curtametraxes sobre a polución ambiental aos seus compañeiros de EP e EI. As consecuencias da contaminación non é o único que transmitiron. Para que o mundo sexa un lugar máis fermoso onde vivir ensinaron que está nas súas mans, e nas nosas, frear o deterioro do noso planeta,
mércores, 23 de outubro de 2019
CHEGAN OS DESPLASTIFICADORXS!!

E a semana que ven chegan ao cole os "desplastificadorxs". Ídevos preparando porque teñen a intención de pasar polas clases a organizar unha chea de actividades e retos. Se o facedes ben recibiredes o "obxecto clave verde"; se non é así o "obxecto clave" será vermello. Chegan os temibles "desplastificadorxs" o pesadelo de Mr. Bolsón.
Prestade moita atención!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)