Unha vez integrados no PLAMBE, quixemos experimentar un pouco mais coas oportunidades que nos ofrecía o plan. Así que aventurámonos coa radio escolar e no curso 2019-2020, e en pleno confinamento puxemos nas ondas os nosos primeiros programas.
Aínda nos falta por aprender e argallar cos equipos, pero entre profesorado entregado e rapazada ilusionada tentamos levar a nosa voz a través das ondas.
Podes suscribirte a nosa canle de Ivoox e escoitar todos os nosos programas e novidades que andamos a preparar continuamente.
1º PROGRAMA: David Fernández narra o combate da WWE entre The Edge e The Undertaker. David é un apaixonado dos deportes e neste episodio amosa a súa capacidade narrativa diante dun micrófono.
Ligazón ao programa: Combate WWE
2º PROGRAMA: Chega
a Conexión Tarrío, "Radio Noticias", o programa informativo creado por
Emma, Noa, Clara e Clara Pena. Noraboa polo voso espazo radiofónico!!
Ligazón ao programa: Radio Noticias
Comentarios
Publicar un comentario