PROXECTO 0% PLÁSTICOS NO COLEXIO.

Resultado de imagen de imagenes plasticos

0% plásticos é un ambicioso proxecto que queremos levar a cabo este curso dende a biblioteca. A maior parte dos residuos que xeramos no colexio proveñen dos envoltorios que traemos nas nosas merendas e a maior parte dos produtos que consumimos están envoltos nalgún tipo de plástico. O curso pasado fixemos unha análise deste tipo de residuos co obxectivo de concienciar á comunidade educativa sobre a importancia de rematar con este problema. Recollimos o lixo das clases e do patio durante 7 días. Unha vez rematada a semana analizamos os tipos de envoltorios plásticos e espareximos polo chan todos os residuos. Medimos a superficie que ocupaban e obtivemos un resultado de 25 m2. Se recolleramos o lixo durante tódolos días do curso o lixo alcanzaría unha superficie aproximada duns 2000 m2, suficiente para cubrir o patio de recreo. Pareceunos un dato e unha realidade sobre a que deberiamos reflexionar. E este foi o comezo da nosa idea coa que agora queremos continuar. Pensamos que non debemos seguir contribuíndo con esta incontrolable produción de plásticos os cales, como xa de sobra sabemos, son extremadamente perigosos para a nosa saúde, para entorno máis próximo e para o medio ambiente en xeral. Temos de conseguilo!!

Comentarios