AND THE WINNER IS...!!

Ola amiguiños e amiguiñas de BiblioTortu!!

Primeiro queremos dar as grazas a todos os rapaces e rapazas que participáchedes no concurso do Día da Ilustración.  Darvos a noraboa, xa que os traballos entregados foron de grande calidade e magnífica elaboración. Felicidades tamén aos finalistas. Pero nestes concursos só pode haber un gañador ou, nesta ocasión, gañadora. O debuxo elixido foi o de Claudia Deza Torecilla de 5º A. Destacamos no seu traballo a elección da idea, o dominio da técnica do debuxo e da cor e a realización meticulosa do traballo. Noraboa Claudia.

Comentarios