FALADOIROS CON MULLERES

Ola novamente, amiguiñxs de BiblioTortu:

Coincidindo coa celebración do Día da Muller Traballadora imos comezar a realizar na biblioteca os "Faladoiros con mulleres". Son todas elas mulleres da nosa contorna, cercanas, mulleres traballadoras que teñen moitas cousas que contarnos. Aínda que comezan mañá, estes Faladoiros farémolos tamén durante a Semana da Prensa na Escola, do 11 ao 15 de marzo. Aproveitaremos esta ocasión para transformarnos en xornalistas e descubrir, coas nosas preguntas, unha chea de cousas magníficas que elas nos contarán en primeira persoa.

Poderedes seguir este Faladoiros no PodCast de BiblioTortu.


Comentarios