Saltar ao contido principal

MOSTRA DE CURTAS PLÁSTICO 0%

A vindeira semana poñemos en marcha o Proxecto de Centro "Plástico 0%", un enorme reto que nos levará á eliminación total no colexio do uso de plásticos procedentes das nosas merendas. E para comezar as actividades propoñemos a "Mostra de Curtametraxes Plástico 0%" coa que tentaremos concienciarnos da problemática medio ambiental que producen os plásticos e identificar no noso colexio este grave problema.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

SOMOS DIVERSIDADE

Recén cumpridos os 75 anos do peche do campo de concentración de Austwitch, sucédense as lembranzas polas vítimas do Holocausto, ese que fixo da diversidade un castigo. En tempos tan convulsos onde se pechan fronteiras para nos diferenciar, somos nós as Escolas as que debemos poner máis empeño en educar na diversidade, porque os nosos coles están cheos de personiñas de culturas diversas e que fan sempre comunidade e aprenden a convivir entre eles/as facendo da escola un ámbito social común e único, cheo de variedade e riqueza. Este xeito de vermos á sociedade nos colexios debe ser exemplo para os ámbitos externos á escola, sexamos pois exemplo de que somos diversos, pero moi iguais.


Dende Rede Espora propuxéronnos participar na creación dunha cuña publicitaria, para conmemorar a data, co título "Somos diversidade" . E nós, como estamos na onda, non dubidamos en dar os nosos primeiros pasos na radio con esta colaboración.

EXPOSICIÓN DE DEBUXO EN BIBLIOTOTTU

A nosa compañeira de 4º de ESO, Andrea Pena Ramón é unha marabillosa artista. Xa hai tempo que queriamos facer unha exposición na nosa biblioteca cos seus debuxos, e agora chegou o momento. Dende este luns podedes ver algúns dos seus debuxos e moi pronto poderedes escoitar a entrevista que lle faremos e na que nos contará moitas cousas sobre a súa afección polo debuxo. Animádevos a pasar por BiblioTortu a gozar coa exposición e de moitas máis cousas.