CAMPAÑA PUBLICITARIA.



Xa temos o lema gañador para a campaña publicitaria que imos facer para despois de Nadal. O obxectivo é, agora que xa estamos sensibilizados co problema do lixo no colexio, eliminar o plástico. Comezaremos coas botellas. Moitos de nós sabemos o importante que é beber auga, pero case sempre a traemos en botellas de plástico. Utilizámolas e despois as tiramos; e sabemos que iso é un grave erro. "O mundo será máxico se reciclas o plástico" foi o elixido por todxs para que sexa o lema desta campaña. Norboa á rapazada de 1º de ESO A polo seu traballo.

Comentarios