POR UN FUTURO SEN CONTAMINACIÓN




O pasado martes os nenxs de sexto, quinto e cuarto de primaria, asistimos a unha charla sobre a contaminación, as súas consecuencias e como evitalas. O poñente explicounos que as emisións do gas metano aumentaron un 253%. E sabías que en 2050 o Ártico non terá xeo no verán? Isto non se pode permitir!! Ten coidado cando sexas maior, deberás escoller ben o lugar onde vaias vivir, pois o mar crece 1mm cada ano e agárdase que existan milleiros refuxiados medioambientais. Tes unha botella de plástico? Cambia o teu xeito de pensar e actúa xa!! Por un futuro sen contaminación.

Comentarios