ONDAS DENDE A BIBLIOTECA




E por fin chegou o día!! As ondas xa flúen a través de BiblioTortu.!! Xa está todo preparado para arrincar coa emisión da "grella radiofónica" máis incrible de toda a comarca. A rapazada comeza xa a súa formación cxs colegas de "Rede Espora",  que son os encargadxs de axudarnos a poñer a andar este novo proxecto na nosa biblioteca. 
E agora o que precisamos é atopar un nome para a nosa emisora. Queres axudarnos a buscar un? Deixa un comentario debaixo da entrada coa túa idea ou a través das RRSS. 


"A radio marca os minutos da vida; o xornal, as horas; o libro os días"
Jacques H. de la Lacreitelle.

"A radio non ten futuro, os RX  resultarán unha farsa e as máquinas voadoras máis pesadas ca o aire son imposibles"
William Thomson.



Comentarios