Hoxe, día 13 de febreiro, celébrase o Día Mundial da Radio. Foi proclamado no ano 2011 polos membros da UNESCO e en 2012 a ONU estableceu o día 13 de febreiro como a data para a súa celebración. Neste día proclamamos a radio como un medio poderoso para celebrar a humanidade en toda a súa diversidade e que constitúe unha excelente plataforma para o discurso democrático.
Nós queremos unirnos a esta celebración facendo un pequeno programa titulado "A micrófono aberto"; un espazo improvisado para poñer un pequeno gran de area a esta celebración aberta e participativa. Agardamos que vos guste, e mañá colgaremos o audio na plataforma ivoox.
Programa do Día Internacional da Radio
Non deixedes de subscribirvos á nosa canle.
Programa do Día Internacional da Radio
Non deixedes de subscribirvos á nosa canle.
Comentarios
Publicar un comentario