A MALETA LITERARIA


Hoxe recibimos en BiblioTortu a Maleta Literaria. Trátase dunha selección de recursos motivadores para a educación ambiental, máis tamén para a animación á lectura. Esta maleta pretende que a rapazada se achegue a mundos máxicos que están moito máis preto do que se imaxinan. Coñecerán criaturas e seres incribles que son imprescindibles para a vida na terra. E aprenderán a relacionarse co mundo que lles rodea. Porque a lectura pode ser unha ferramenta marabillosa para conectar coa natureza. Algúns dos títuilos que podedes atopar nesta maleta son: A fraga do meu avó, A bolboreta Doreta, A árbore da escola, Sementes de papel,...
Grazas ao CEIDA por poñer a disposición da nosa biblioteca esta colección de contos para achegarnos á natureza a través da literatura. Agardamosvos en BiblioTortu!!

Comentarios