CONTINUAMOS A TRABALLAR!!


Ola rapazada: 

O curso xa rematou e en BiblioTortu queremos desexarvos felices vacacións. Tiñamos moitas ganas de vervos pero, non puido ser. Sen embargo, sabemos que moi prontiño voltaremos a estar xuntos para facer un montón de actividades e todas esas cousiñas  que vos gusta argallar na biblioteca do colexio.

E por este motivo, nós seguimos a traballar para adaptarnos ás novas normas por causa do Covid-19, para que o vindeiro curso poidamos seguir pasándoo ben, traballando xuntos con total tranquilidade e seguridade.

Unha forte aperta virtual e ata moi prontiño.

O equipo de BiblioTortu.


Comentarios