Antes de nada queremos felicitar a todas e a todos os que participastes nos Xogos Florais. Todos os sonetes que nos chegaron son fantásticos e non podemos máis que darvos a noraboa polo voso traballo e esforzo xa que, como ben sabedes agora, a creación deste tipo de estrofa require unha grande creatividade, dominio das normas métricas e de composición poética. Por iso, felicitámosvos e animámosvos a seguir escribindo os vosos poemas e a que nos fagades a todos partícipes do voso grande talento.
E sen máis comunicamos os/as gañadores/as desde concurso de poesía Xogos Florais 2020: (Nos enlaces podedes escoitar aos autores recitando a súa composición)
Alicia Deibe Rey de 6º B
Autora do sonete “Morriña:
‘‘Morriña’’
Miña casa é un rexo castelo,
miña casa é unha fortaleza,
e eu son a princesa da nobreza.
Quero xa sair, todo fora é belo.
Da raíña nai aprendín a mimar,
do rei xigante, con amor a sorrir,
co principe infante a convivir,
todos xuntos aprendimos a amar.
Quero ver os meus mellores amigos,
sen murallas, distancias nin pantallas,
quero un mundo sen tantos perigos.
Eles son para mín os máis queridos,
estraño a esta tola familia,
sempre seguimos estando unidos.
Manuel Roberto Painceiras Rodríguez de 5º A
Autor do sonete “Sen título”:
Sonete
Lévome ao noso pai ao hospital.
Estalle costando moito respirar.
Loita, loita, pero sofre ao andar.
Este medo toma forma moi real.
Corredores lúgubres e estreitos.
Meten ao home nunha habitación,
Chea de cables, loito e oración.
Está a loitar contra o aire. Tos!
Anguria, medo, tubos de ensaio.
O pai aférrase forte á vida.
Choro pola dor do home. Desmaio!
O nó que nos une é forte. Vivir!
Recupérate. Temos esperanza.
A esperanza tramposa. Vai saír!
Comentarios
Publicar un comentario