CENTENARIO DE GIANNI RODARI.

 


Este 2020 é o ano de Gianni Rodari, un dos escritores máis queridos polos lectores de todo o mundo e de todas as idades. Cúmplense 100 anos do seu nacemento e, para celebralo, vimos de incorporar á nosa biblioteca algúns dos seus libros máis coñecidos e que non vos podedes perder.  

Podedes seguir o enlace para coñecer máis cousas sobre a súa biografía e dento dun par de días tamén poderedes escoitar o programa especial de radio que faremos dende  "Conexión Tarrío". Gianni Rodari, un autor inesquecible que chega aos andeis de BiblioTortu neste ano tan especial.


 


 



Comentarios