LECTURAS TERRORÍFICAS EN BIBLIOTORTU.

Xa chega o Samaín, a noite na que os mortos entran no mundo dos vivos e en Bibliotortu queremos amosarvos varias lecturas que atoparedes nos andeis e que pode que vos guste ler estes días.

O primeiro é "Os Megatoxos" de Anxo Fariña (Ed. Xerais). Neste título "A cara oculta da lúa" se nos conta a historia dunha terrible transformación que ten lugar no instituto dos Megatoxos. Entrementres, en Venecia, unha poderosa raíña trata de dominar o mundo grazas ao poder do toxo.

A segunda lectura titúlase "Manual del Terror" de Paul van Loon (Ed Siruela). Neste libro atoparás información sobre as criaturas máis espeluznantes, os seus hábitos e o xeito de loitar contra delas.

A continuación presentámonvos "El pozo detrás de la puerta" de Josep Sampere (Ed. Anaya). Alex e Olga sospeitan que no seu edificio agáchase un intruso que manexa as vidas dos veciños. O que lles agarda podería non ser humano senon un ser moito máis poderoso.



"A balada dos unicornios" de Ledicia Costas (Ed. Xerais). Ágata McLeod forma parte da prestixiosa Escola de Artefactos e Oficios. Hai moitas cousas da institución que descoñece...e do seu pasado. A rapaza terá que viaxar á orixe do mundo nunha travesía ateigada de aventuras e perigos.


E o derradeiro título é "Os contos de terror do tío Montague" de Chris Priestley (Ed. Susho Books). O tío de Edgar vive nunha casa alén do bosque. Un día fascínao cunha serie de contos arrepiantes, e hai probas de que todos eles acontecen de verdade. Preferirás non estar aquí cando escureza...






Comentarios