NOVOS TÍTULOS NA BIBLIOTECA.

Ola rapazada:

Pouco a pouco xa estamos de volta e o primeiro do que queremos informarvos é que temos novos títulos  na biblioteca. As últimas entradas son todas cómics. Unha traca deles que de seguro serán do voso agrado. Entre outros podedes escoller os últimos títulos de "Dragon Ball-Z", "Guardianes de la noche", "Beet", "The promised Neverland" ou "Planeta Hulk". Se queredes levar algúns destes títulos consultade o catálogo on-line e facede a vosa solicitude no correo bibliojorgejuan@gmail.com.

Tanjirou Kamado é un  rapaz ledo e traballador que vive felizmente xunto a súa familia, ata que un  día un demo chamado Muzan chega á súa vida matando aos seus pais e bótalle o mal de ollo a súa irmá pequena convertíndoa nun demo. Tralo incidente, e co propósito de vingar aos seus pais e volver a súa irmá Nezuko á normalidade, decide convertirse nun asasino de demos. Para iso, acude na axuda de Sakonji Urokodaki, un dos asasinos de demos máis fortes do mundo...

Entre samuráis, afiladas katanas, demos e outros seres mitolóxicos do folclore xaponés, este manga é unha aposta segura para os amantes do xénero.

Beet the Vandel Buster é unha serie de manga escrita por Riku Sanjo e ilustrada por Koji Inada. A súa historia transcorre nun mundo de fantasía onde os seres humanos sufriron os ataques dos Vándelos como o demo. Os humanos podemos loitar contra converténdose nun Vandel Buster, un monstro pagado e asasino de Vandel.

 


Comentarios