BICOS E NON BALAS E CONEXIÓN TARRÍO

Ola a todo o mundo!! Hoxe queremos falarvos do libro "Bicos e non balas" de  Antonio García Teijeiro, da editorial Galaxia. É este unha antoloxía de poemas sobre a paz, entendida como un camiño, coma un horizonte...Poemas postos ao servizo da paz, da xustiza social e da igualdade. Poema en prol da educación e da lectura.

Conexión Tarrío, a nosa radio escolar, quere facer un programa especial sobre este libro, no que os nenos e nenas de 5º de primaria farán chegar a todos a través das ondas os fermosos versos que se atopan dentro das súas páxinas. Porque non se nos ocorre mellor símbolo para a paz que nenos e nenas lendo un libro.



Comentarios