Persépolis non é unha novela gráfica calquera. Poucas obras tiveron tanta capacidade para chegar na cultura pop e ser uns dos mellores relatos históricos do noso tempo. Marjane Satrapi, conseguiu que se falara da Revolución Iraní coma ninguén o fixera anteriormente.
1º Polo seu valor histórico: a historia comeza en 1980, xusto o ano no que Marjane soubo que non podería ir ao colexio ser levar o velo.
2º Pola súa divulgación: Persepolis ten máis calado que moitos libros de historia xa que nos relata a Revolución Iraní a ollos dunha nena. Utiliza a vida cotiá de Marjane para falar dos cambios que estaba vivindo o país e que se reflexaba na prohibición de facer festas, ou de escoitar música rock.
3º Por ser autobiográfica: Marjane é filla de de unha familia moderna en tempos do Sha e non é ben recibida aos ollos do novo réxime. Só alguén que viviu isto dende dentro pode falar diso de xeito honesto.
4º Polo seu uso do branco e negro: A historieta só utiliza dúas cores: o branco e o negro. E non precisa máis. Precisamente nunha era da revolución, o monocromático é
tamén o reflexo dun período no que non caben os grises
ideolóxicos.
5º Porque segue de actualidade: Persépolis segue de actualidade porque o seu conflito está sen solución. A vida da súa protagonista é a de moitos nenos e nenas que actualmente intentan abandonar o seu país de orixe na procura dun lugar mellor.
Comentarios
Publicar un comentario