O pasado martes 25 de Abril, o alumnado de 3º e 4º de Primaria compartiron unha charla moi especial con Andrea Maceiras, autora de "Alma de Elefante", libro de lectura para estes cursos.
Tivemos a oportunidade de facerlle algunhas preguntas que contestaban ás nosas dúbidas plantexadas sobre ela e a súa obra.
Falounos tamén, doutros libros que escribiu e que temos xa na nosa listaxe das próximas obras que leremos.
Tamén tivemos tempo para que firmara os nosos exemplares e deixounos unhas bonitas e moi especiais dedicatorias.
No seguinte enlace podemos escoitar a entrevista que lle fixemos neste encontro.
MOITAS GRAZAS A ANDREA POLA SÚA VISITA
Comentarios
Publicar un comentario