"DEFENSORES DA LINGUA", VIDEOXOGO SOBRE AS LETRAS GALEGAS 2023


No Obradoiro de Videoxogos realizado nas tardes dos mércores durante este curso, o alumnado participante traballou sobre a creación dun videoxogo, no que ademais de aprender un pouco mais sobre a Celebración do Día das Letras Galegas e o autor homenaxeado, tamén pasar un rato entretido resolvendo as misións que viven os protagonistas neste aventura.

Resumo: 

Un día normal, na clase de Lingua Galega, algo raro sucede: 

A LINGUA GALEGA ESTÁ DESAPARECENDO! 

Catro alumnos e alumnas do colexio Jorge Juan de Perlío viaxarán á "Galicia das Lendas" para recuperar a nosa lingua galega. Durante a súa aventura os nosos heroes reúnense con amigos  e amigas do colexio, enfrontaranse a poderosos enemigos, resolverán crebacabezas, etc.... Só coa vosa axuda, os nosos heroes poderán facerse coa vitoria.






Se queres saber mais sobre o videoxogo e comprobar os teus coñecementos e habilidades podes descargalo no ordenador a través do seguinte enlace e unirte a esta aventura.

DESCARGA O XOGO


PARA PODER XOGAR:

- Necesitas descargar o xogo no Ordenador: Descarga ficheiro do enlace.

- Abrir o Ficheiro Comprimido ( necesitarás un programa para descomprimir ficheiros, por exemplo WinRar) 

- Entrar na Carpeta "Defensores da Lingua"

- Abrir o Ficheiro "Game" 

- A xogar e desfrutar!!!


Moitas grazas ao profe Eloy pola súa colaboración e a rapazada que se interesou por este obradoiro. 

Comentarios