GRAZAS, ISABEL!!

Hoxe, en Bibliotortu queremos darlle as grazas á nosa compañeira Isabel. Ela é unha grande afeccionada á fotografía, e vén de quedar terceira no derradeiro certame organizado polo Concello de Ares. Isabel recibiu de premio un lote de libros e decidiu doalos à Bibliotortu para que o resto da rapazada poidades gozar tamén do seu premio. Que grande xesto, Isabel, un exemplo a seguir o teu. 

A nosa biblioteca tamén medra grazas ao  voso traballo e esforzo, un traballo compartido para acadar un espazo de encontro dinàmico e divertido. Non dubidedes en achegarvos ata aquí para saber que máis cousas acontecen no recuncho máis chulo do colexio.



Comentarios