Se non coñecedes as aventuras da Señorita Bubble, xa podedes ir mercando o seu derradeiro libro. Nesta ocasión Lady Bubble comeza unha nova vida en Rovaniemi, unha preciosa vila de Laponia. Os problemas non tardan en petarlle na porta. Unha familia de pingüíns necesita da súa axuda con urxencia. Non son os únicos: os elfos da fábrica de xoguetes están vivindo unha situación desesperada.Abrígate ben e prepárate para vivir unha aventura baixo cero, onde Bubble vai ter que enfrontarse a un poderoso inimigo. Papá Noel cruzou ao lado escuro.
De Ledicia Costas, a súa autora, podedes atopar outros títulos entre eles "Escarlatina, a cociñeira defunta", "Esmeraldina, a pequena defunta", " A balada dos unicornios" ou "A vampira da biblioteca", todos eles nos andeis de Bibliotortu.
Comentarios
Publicar un comentario