PRIMEIRO ANIVERSARO DE CONEXIÓN TARRÍO.

Xa hai un ano que comezamos a nosa andaina na radio. Non foi un ano doado debido á situación da pandemia do Covid-19. Ao pouco de comezar tivemos que marchar para casa pero, lonxe de deixar as nosas emisións as fixemos con máis entusiasmo; de feito durante os meses do confinamento alcanzáronse o máximos índices de audiencia dos nosos programas. A día de hoxe xa temos máis de 2.000 descargas, que para unha radio escolar é todo un éxito, e o número de seguidores segue a medrar mes a mes.  A rapazada cada vez está máis ilusionada e está a facer unha grande variedade de programas. Ademais achéganse a radio a pasalo ben mentres aprender a manexar o "aparataxe" técnico e a organización dos programas. Gustarianos que se animase máis xente a crear programas nos que se acheguen ideas e ilusións. Gustarianos que as familias se implicasen na creación de programas e que comezasen a formar parte desta familia da radio. Pero  estamos a comezar e aínda que queremos ser ambiciosos, temos que ir pouquiño a pouquiño, aprendendo cada día e sobre todo pasándoo moi ben. 

Xa para rematar animámosvos a que vos suscribades na nosa canle iVoox para seguir toda a nosa programación.

Unha forte aperta para todos os oíntes de Conexión Tarrío.



Comentarios