SEMANA DO CÓMIC EN BIBLIOTORTU

 


Neste días chegaron á BiblioTortu as últimas novidades relacionadas co cómic; unha chega de títulos moi interesantes. Para amosarvos os novos cómics, organizamos unha exposición durante a vindeira semana, do 18 ao 22 de xaneiro, en horario de 11: 30 a 12:00. Así que xa sabedes, se es unha seguidora ou seguidor deste tipo de xénero, podes achegarte a BiblioTortu e botar unha ollada. De seguro que  levarás algún para a túa casa.



Comentarios