UNHA NOVA AVENTURA DE TINTÍN

 

 

En BiblioTortu temos unha boa colección dos cómics do xornalista más coñecido do mundo. Este non é outro que Tintín. Desde que Hergé creara este personaxe alá polo ano 1930 do pasado século, Tintín non deixou de ser admirado por milleiros de lectores de todo o mundo e que seguiron as súas aventuras ao longo das 24 historias que o seu autor escribiu; a derradeira publicada en 1976.

E Titín segue a dar que falar. A portada orixinal do quinto álbum de Tintín, "O Loto Azul", unha acuarela en papel de Hergé datada en 1936, foi subastada por 3,175 millóns de euros, un novo récord na venta de ilustracións de cómics. A ilustración, de 34 x 34 centímetros realizada con tinta negra, guache e acuarela sobre papel superou o anterior récord dun debuxo de cómic con outra ilustración de Tintín do debuxante belga Hergé, que entón se vendeu por un prezo total de 2,6 millóns de euros. A cuberta que Georges Rémi, máis coñecido como Hergé, creou en 1936 para "O Loto Azul", foi descartada entón polo seu editor pois a técnica de cor que requería a súa  reprodución era moi custosa. O debuxante regaloulla a Jean-Paul Casterman, fillo do editor  que a gardou con coidado ata a súa morte en 2009, e que agora foi posta en venda polos seus herdeiros. Na ilustración aparece o pequeno xornalista sobre un fondo negro, dentro dun xarrón de porcelana e xunto ao seu inseparable compañeiro Milú, asustados ante a presenza dun enorme dragón vermello.


Comentarios