UN CAMIÑO POR DESCUBRIR E A GAMIFICACIÓN NA AULA.

Despois do confinamento de marzo as app  irrumpiron definitivamente nas aulas. A adaptación ao ensino non presencial fíxose preciso, e as TIC serviron de apoio fundamnetal nesta tarefa. Contidos audiovisuais, titoriais, pizarras dixitais, app de todo tipo e función foron utilizadas a discreción e o resultads foi que moitas delas atoparon un hoco no día a día xa da presencialidade.

Nesta ocasión presentamos á rapazada un xogo de estilo "Breakout" no que teñen que resolver diferentes probas para acadar un obxectivo final. Aproveitando o traballo que se está a facer no Proxecto de Centro dende a biblioteca escolar "Bibliotortu" decicimos plantexar un Camiño de Santiago virtual cheo de retos e xogos de preguntas.

Probade fortuna e pasade un ratiño de diversión descubrindo o camiño. Sorte no reto!!

https://view.genial.ly/6022cf9f3afe100d928613e5/game-breakout-un-camino-por-descubrir-2o-parte

Comentarios