En primeiro lugar, agradecer a toda a rapazada que se animou a escribir e contar as súas historias para este concurso, estamos moi contentos da amplia participación, polo que foi complicado dedicir os gañadores de cada categoría.
Hoxe fixemos entrega dos premios, un lote de 3 libros para os gañadores de cada categoría.
- Categoría A, contos dos cursos de 1º e 2º de Primaria:
- Daniel Romero, 1º B. Polo seu conto " Un camino por descubrir"
- Categoría B, contos dos cursos de 3º e 4º de Primaria:
- Aarón Porto, Teo Carballo e Hugo Rodríguez, 4ºB. Polo seu conto "O lobo protector"
- Categoría C, contos dos cursos de 5º e 6º de Primaria:
- Diego Fernández Díaz, 6º B. Polo seu conto "O falso albergue"
Pronto poderedes lelos no próximo número da nosa revista Tortu News e escoitar a súa narración dos seus autores en Conexión Tarrío.
Noraboa aos gañadores e moitas grazas a todos e todas pola vosa participación.
Comentarios
Publicar un comentario