Semana da Biblioteca, Outubro 2021

 Para celebrar o Día da Biblioteca, 24 de Outubro, convertimos a nosa Bibliotortu en fondo do mar.



E por alí pasaron todos os rapaces e rapazas do noso cole para desfrutar dun tempo de desfrute, relaxación e descubrimento de lendas relacionadas co noso entorno: a lenda da Serea das Illas Mirandas, os tesouros que esconde a fonte dos Mouros de Sillobre, o arco da vella e o demo en Ferrol, a orixe de Chanteiro,... 



Grazas a colaboración do alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria que narraron as lendas. Ao traballo de decoración coa elaboración de peixes  globo do alumnado de 5º e 6º de Primaria. E a axuda dalgúns mestres que se encargaron de organizar o espazo para poder desfrutar desta actividade en bibliotortu.

A rapazada quedou encantada!



Comentarios