CLUBE DE LECTURA "HARRY POTTER"

 Un grupo de alumnos e alumnas de 5ºA organizáronse este curso para crear un clube adicado a Harry Potter.

Xa realizaron algunhas reunións para planificar e organizar actividades, e dende aquí queren invitar a rapazada a unirse ao clube que se reúne na biblioteca todos os martes e xoves na hora do recreo.

Xa podedes escoitar o seu primeiro programa de radio para poder coñecelos un pouco mais, no que nos falan dos seus personaxes e libros favoritos, e tamén dalgunha idea que teñen para o futuro.

Escoita o programa no seguinte enlace: Clube de Lectura Harry Potter








Tamén organizaron unha exposición en Bibliotortu para toda a rapazada de Infantil e Primaria, na que achegaron obxectos de colección como bonecos, varitas, libros, cadernos, traxes, xogos, cartas,... e un montón de cousas mais que todos puidemos desfrutar.



Podedes ver máis fotos e vídeos da exposición no seguinte enlace: Galería


Comentarios