FALAMOS SOBRE O PROXECTO ÁRTABRO INCLUSIVO

 As rapazas de 6ºA de Primaria, Mariña, Laura, Elia e Silvia, entrevistaron e Conexión Tarrío as concelleiras de Política Económica Ana Basoa, e a concelleira de Medio Ambiente Marta Pereiro, do Concello de Fene.

Estiveron falando do "Proxecto Ártabro Inclusivo" que se está a desenvolver actualmente nos concellos de Fene, Narón e Ferrol, e coordinado por elas dende o Concello de Fene. 

Trátase dun proxecto de cooperación que ten como obxectivo establecer lazos entre o sector pesqueiro e o ámbito social, e de maneira especial, en todo o relacionado coas discapacidades e a mellora ambiental. O principal fin do proxecto é a integración social, a través dun traballo en favor da eliminación dos residuos da zona costeira e a súa valorización. 

Unha chea de actividades están programadas para os vindeiros meses e quixemos coñecer de primeira man en que van consistir e amosar o noso interese por participar delas. Grazas pola vosa colaboración.

Podedes escoitar o programa no seguinte enlace: Proxecto Ártabro Inclusivo







Comentarios