Hai uns meses visitou o noso centro Francisco Barea Paz, actual Presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol, ademais antigo alumno do colexio. Para el foi unha emoción moi grande voltar a percorrer os corredores e as aulas nas que pasou tantos anos. Así nolo contou na entrevista que lle fixemos e na que lle preguntamos outras cousas sobre a súa vida profesional ao frente do Porto de Ferrol.
Podedes escoitar a entrevista no seguinte enlace: Entrevista Francisco Barea Paz
Desta entrevista saiu a invitación de realizar unha exposición de todos os nosos traballos relacionados co noso proxecto no Faro de Cabo Prior. E non quixemos desaproveitar esta oportunidade e proximamente poderemos compartir nese espazo os todas as nosas creacións e proxectos.
Invitámosvos a participar nesta actividade tan especial: Exposición Faro Cabo Prior
Comentarios
Publicar un comentario