"ALMA Y LA ISLA" E "LA ÚLTIMA FUNCIÓN", CON MÓNICA RODRÍGUEZ


O pasado mércores 29 de Marzo, no noso colexio tivemos o honor de recibir á coñecida autora de libros infantís e xuvenís Mónica Rodríguez. A escritora achegouse ao noso alumnado a través de anécdotas da súa vida que teñen que ver cos libros que escribiu. Os alumnos e alumnas de 6º de EP exerceron de xornalistas realizando preguntas sobre as súas obras literarias (“La última función” e “Alma y la isla”) a modo de entrevista. Finalmente, houbo unha sesión de firmas.







Comentarios