Chega o circo a
cidade, un circo que leva mais de 50 anos dando
a lata polas rúas de Fene e Perlío. O colexio Jorge Juan, como se de un
circo se tratara, está formado por unha gran familia, na que todos os artistas
teñen o seu papel imprescindible e fundamental para realizar unha boa función:
profesorado, alumnado e familias, ao que se suman mais compoñentes da
comunidade local.
O que nesta
exposición queremos presentar é o traballo que o alumnado levou a cabo durante
este curso relacionado co proxecto de centro: o circo. Este proxecto que
involucra a toda comunidade educativa como centro de interese, permite xerar e estimular no alumnado novas
formas de aprender, que permiten transformar a información en coñecemento e
onde a Biblioteca Escolar convértese no eixe da acción educativa.
O traballo en
base a proxectos implica unha filosofía centrada no alumnado, nos que a través
do desenvolvemento de pequenos proxectos de investigación o alumnado traballa
directamente coa información, aprendendo a aprender e a traballar de xeito
autónomo, ademais de aprender a traballar de forma cooperativa dando
significatividade a súa aprendizaxe. Aspectos importantes para o desenvolvemento persoal e social para
a vida adulta.
Grazas a este proxecto que xorde dende o equipo da Biblioteca Escolar, e que promove a implicación de todas as áreas do currículo e o coñecemento extraescolar, e supón a participación de todo o profesorado e a Comunidade Educativa, podemos compartir e expoñer todas as nosas ideas e proxectos nesta gran exposición.
Grazas ao Museo do Humor e o Concello de Fene pola súa colaboración e apoio.
Inauguración da Exposición, Luns 27 de Febreiro 16:00h.
Comentarios
Publicar un comentario