Do 6 ao 10 de Marzo celebramos a Semana da Prensa.
Ademais de traballar nas aulas con diferentes xornais, identificar noticias e as súas partes, comparar os tipos de noticias e imaxes, tamén aproveitamos para editar e publicar as nosas propias portadas de xornais.
Utilizamos os recursos da biblioteca e convertímonos en equipos de prensa para levar a cabo este proxecto.
A continuación as portadas elaboradas polos equipos de prensa de 3ºA de Primaria.
Comentarios
Publicar un comentario