Romeo y Julieta

 Durante o primeiro trimestre realizamos a lectura da obra de William Shakespeare "Romeo y Julieta".


 Emilia, Inés e Salomé quixeron reinterpretar o final ofreciendo outra alternativa. entre as tres presentaron esta nova versión:

    Romeo non cre que Julieta morrera e intercepta a Frai Lourenzo antes de beber o veleno. O frade revélalle o plan e deciden actuar xuntos rapidamente: Romeo chega ao sartego antes de que Julieta esperte e ao vela viva convéncea de escapar xuntos. Na escuridade da noite, Romeo rapta a Julieta -ou, máis ben, rescátaa- e foxen cara Mantua, deixando atrás a traxedia e a violencia de Verona.

    Alí seu amor florece. Ao comezo todo vai ben pero pronto xorden dificultades: os cartos non chegan, e sofren a nostalxia e a culpa de abandonar os fogares e a familia. Aínda así o amor persiste. 

    Co tempo, os Montesco  e os Capuleto ao ver que os fillos sobreviviran e escaparan xuntos vense obrigados a reflexionar. E finalmente grazas á intervención de Frai Lourenzo reconcílianse e a historia de Romeo e Julieta convértese nun símbolo de unidade e de perdón e non de traxedia.

Que vos parece este final? Pensades que tería sido igual de universal esta versión? Deixade os vosos comentarios.

Comentarios