El Conde Lucanor

 

 Os nenos de 3º, Paula e Gorka, despois de ler esta obra chea de pequenas historias interesáronse por unha fábula en concreto: a fábula do corvo e o raposo, unha das máis populares xa que foi contada por diversos autores ao longo da historia.

Don Juan Manuel, na súa obra "O conde Lucanor", inclúe unha versión desta fábula, pero non foi o primeiro nin o único en facelo. Por isto o noso grupo lector indagou para descubrir algúns dos autores máis importantes que teñen abordado esta fábula. E que atoparon? Pois as seguintes achegas:


Esopo:

(Grecia, século VI a.C.) Atribúeselle a creación de numerosas fábulas, incluíndo a do corvo e o raposo.


Fedro:

(Roma, século I d.C.) Foi un escritor romano que adaptou as fábulas de Esopo ao latín.


La Fontaine:

(Francia, século XVII) Reescribiu varias fábulas de Esopo e Fedro, incluíndo a do corvo e o raposo, cun estilo elegante e poético.


Samaniego:

(España, século XVIII) Seguíu a tradición de La Fontaine e escribiu fábulas en español, incluíndo unha versión do cuervo e o raposo.


Ademais destes autores, a fábula foi adaptada e reinterpretada en diversas culturas e épocas, o que demostra a súa universalidade.  

Coñeces algunha fábula interesante?

Comentarios