A NOSA BIBLIO

Biblioteca é un espazo de lecturas e centro de recursos da información, onde poder exercitar as competencias intelectuais e emocionais para convivir e construír cidadanía. Un espazo no que lemos, nos informamos e aprendemos.

Dende o curso 2018-2019 integrados no PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares), a nosa biblio colleu protagonismo dentro do noso centro.  E coa axuda da nosa mascota Tortu, intentamos construir  e compartir neste espazo diferentes experiencias que nos axudan a medrar e convivir 

Coa axuda de Tortu, a nosa mascota, estamos a facer da nosa biblioteca un lugar de encontro, de compartir experiencias e exposicións, de lecturas compartidas, desenvolvemento da creatividade, centro de recursos de información e investigación, e un espazo no que medrar xuntos, no que podemos atopar:

  • Realización de préstamos xestionados co programa Meiga.
  • Diferentes espazos de lectura.
  • Zona Lego: desenvolvemento da creatividade.
  • Espazo de traballo e estudo.
  • Exposicións, entrevistas e recitais.
  • Centro de recursos de información e investigación: libros documentais, revistas e novas tecnoloxías (tablets e ordenadores).
  • Renovación e actualización de libros e contos.
  • Lecturas compartidas, contacontos e apadriñamento lector.


Este curso, por motivos sanitarios, o seu uso está un pouco mais restrinxido. Pero intentaremos que a esencia da nosa biblioteca chegue  a todos os lugares da nosa comunidade. 

Tortu invítavos a achegarvos ata alí, pero sempre con responsabilidade e coidado. 



Comentarios