REPORTAXE ENTROIDEIRA



Radio Tarrío transmite o Entroido dende o patio do colexio. O equipo de xornalistas quixo estar a pé de desfile para poder recoller as impresións dos nenos e nenas, das mestras e mestres e de todos aqueles que participaron desta festa. Preguntas a esgallo nas que quixemos saber de todo: como se fixeron os disfraces, que vai suceder no desfile, a opinión sobre o baile da rapazada de quinto e sexto, e, sobre todo, que tal está o chocolate e o montón de lambetadas tradicionais que todxs trouxeron das súas casas. Que día tan divertido!! Viva o Entroido!!
Podedes escoitar o episodio facendo click aquí.
Ademais aproveitamos esta entrada para presentarvos o novo logo da radio que foi creado por Noa de sexto A. O nome da emisora foi pensado por Noa, da mesma clases. Noraboa ás dúas polas vosas ideas.

Comentarios