Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2019

CICLO CURTAMETRAXES PLASTICO 0%

Durante esta semana, aproveitamos para visitar a biblioteca e sumerxirnos nun mar de plásticos que os compañeiros e compañeiras de 5º de Educación Primaria se encargaron de ensinarnos presentando algunhas curtametraxes sobre a polución ambiental aos seus compañeiros de EP e EI. As consecuencias da contaminación non é o único que transmitiron. Para que o mundo sexa un lugar máis fermoso onde vivir ensinaron que está nas súas mans, e nas nosas, frear o deterioro do noso planeta,

CHEGAN OS DESPLASTIFICADORXS!!

Seguimos co noso proxecto Plásticos 0%. Despois de rematada a tarefa "Enreda o lixo", démonos de conta da cantidade de residuos que xeramos no colexio. É unha situación que temos a obriga de resolver e por iso decidimos tomar unha decisión definitiva. As nosas reflexións leváronnos á conclusión de que temos que trocar moitas cousas, desde os hábitos de alimentación ata o xeito no que nos organizamos no colexio para tratar coa cantidade de plástico que acumulamos. E por este motivo decidimos chamar a quen nos poidera botar unha man.
E a semana que ven chegan ao cole os "desplastificadorxs". Ídevos preparando porque teñen a intención de pasar polas clases a organizar unha chea de actividades e retos. Se o facedes ben recibiredes o "obxecto clave verde"; se non é así o "obxecto clave" será vermello. Chegan os temibles "desplastificadorxs" o pesadelo de Mr. Bolsón.
Prestade moita atención!!