Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2020

REPORTAXE ENTROIDEIRA

Radio Tarrío transmite o Entroido dende o patio do colexio. O equipo de xornalistas quixo estar a pé de desfile para poder recoller as impresións dos nenos e nenas, das mestras e mestres e de todos aqueles que participaron desta festa. Preguntas a esgallo nas que quixemos saber de todo: como se fixeron os disfraces, que vai suceder no desfile, a opinión sobre o baile da rapazada de quinto e sexto, e, sobre todo, que tal está o chocolate e o montón de lambetadas tradicionais que todxs trouxeron das súas casas. Que día tan divertido!! Viva o Entroido!! Podedes escoitar o episodio facendo click aquí. Ademais aproveitamos esta entrada para presentarvos o novo logo da radio que foi creado por Noa de sexto A. O nome da emisora foi pensado por Noa, da mesma clases. Noraboa ás dúas polas vosas ideas.

REVISTA TORTU NEWS NÚMERO II

Hola amiguiñxs da bibliotortu! Temos a gran sorte de contar cun exemplar da revista do noso colexio. Esperamos que a disfrutedes moitísimo, aquí vola deixamos, ata a próxima!


DÍA MUNDIAL DA RADIO

Hoxe, día 13 de febreiro, celébrase o Día Mundial da Radio. Foi proclamado no ano 2011 polos membros da UNESCO e en 2012 a ONU estableceu o día 13 de febreiro como a data para a súa celebración. Neste día proclamamos a radio como un medio poderoso para celebrar a humanidade en toda a súa diversidade e que constitúe unha excelente plataforma para o discurso democrático.
Nós queremos unirnos a esta celebración facendo un pequeno programa  titulado "A micrófono aberto"; un espazo improvisado para poñer un pequeno gran de area a esta celebración aberta e participativa. Agardamos que vos guste, e mañá colgaremos o audio na plataforma  ivoox.

Programa do Día Internacional da Radio


Non deixedes de subscribirvos á nosa canle.

SOMOS DIVERSIDADE

Recén cumpridos os 75 anos do peche do campo de concentración de Austwitch, sucédense as lembranzas polas vítimas do Holocausto, ese que fixo da diversidade un castigo. En tempos tan convulsos onde se pechan fronteiras para nos diferenciar, somos nós as Escolas as que debemos poner máis empeño en educar na diversidade, porque os nosos coles están cheos de personiñas de culturas diversas e que fan sempre comunidade e aprenden a convivir entre eles/as facendo da escola un ámbito social común e único, cheo de variedade e riqueza. Este xeito de vermos á sociedade nos colexios debe ser exemplo para os ámbitos externos á escola, sexamos pois exemplo de que somos diversos, pero moi iguais.


Dende Rede Espora propuxéronnos participar na creación dunha cuña publicitaria, para conmemorar a data, co título "Somos diversidade" . E nós, como estamos na onda, non dubidamos en dar os nosos primeiros pasos na radio con esta colaboración.