Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2019

CAMPAÑA PUBLICITARIA.

Xa temos o lema gañador para a campaña publicitaria que imos facer para despois de Nadal. O obxectivo é, agora que xa estamos sensibilizados co problema do lixo no colexio, eliminar o plástico. Comezaremos coas botellas. Moitos de nós sabemos o importante que é beber auga, pero case sempre a traemos en botellas de plástico. Utilizámolas e despois as tiramos; e sabemos que iso é un grave erro. "O mundo será máxico se reciclas o plástico" foi o elixido por todxs para que sexa o lema desta campaña. Norboa á rapazada de 1º de ESO A polo seu traballo.

POR UN FUTURO SEN CONTAMINACIÓN

O pasado martes os nenxs de sexto, quinto e cuarto de primaria, asistimos a unha charla sobre a contaminación, as súas consecuencias e como evitalas. O poñente explicounos que as emisións do gas metano aumentaron un 253%. E sabías que en 2050 o Ártico non terá xeo no verán? Isto non se pode permitir!! Ten coidado cando sexas maior, deberás escoller ben o lugar onde vaias vivir, pois o mar crece 1mm cada ano e agárdase que existan milleiros refuxiados medioambientais. Tes unha botella de plástico? Cambia o teu xeito de pensar e actúa xa!! Por un futuro sen contaminación.

MES DA CIENCIA NA BIBLIO

Onte na biblioteca os nenxs de sexto realizaron uns experimentos aos nenxs de cuarto; entre eles houbo o experimento do ovo gomoso, outro sobre a oxidación da mazá, outro sobre unha candea que se apaga se lle pos un vaso enriba, outro sobre a clorofila das follas...

O SEXISMO NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN

O outro día tivemos o placer de estar coa creadora da exposición contra o machismo, Ascen Bravo. Na asignatura de libre configuración da ESO están a tratar o tema dos machismo nos medios de comunicación; e isto deulles a inspiración para facer a exposición. O traballo cos rapaces foi moi gratificante e estiveron moi implicados coa exposición.