Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2020

CONTINUAMOS A TRABALLAR!!

Ola rapazada: 
O curso xa rematou e en BiblioTortu queremos desexarvos felices vacacións. Tiñamos moitas ganas de vervos pero, non puido ser. Sen embargo, sabemos que moi prontiño voltaremos a estar xuntos para facer un montón de actividades e todas esas cousiñas  que vos gusta argallar na biblioteca do colexio.
E por este motivo, nós seguimos a traballar para adaptarnos ás novas normas por causa do Covid-19, para que o vindeiro curso poidamos seguir pasándoo ben, traballando xuntos con total tranquilidade e seguridade.
Unha forte aperta virtual e ata moi prontiño.
O equipo de BiblioTortu.


GAÑADORES DOS XOGOS FLORAIS 2020

Antes de nada queremos felicitar a todas e a todos os que participastes nos Xogos Florais. Todos os sonetes que nos chegaron son fantásticos e non podemos máis que darvos a noraboa polo voso traballo e esforzo xa que, como ben sabedes agora, a creación deste tipo de estrofa require unha grande creatividade, dominio das normas métricas e de composición poética. Por iso,felicitámosvos eanimámosvos a seguir escribindo os vosos poemas e a que nos fagades a todos partícipes do voso grande talento.
E sen máis comunicamos os/as gañadores/as desde concurso de poesía Xogos Florais 2020: (Nos enlaces podedes escoitar aos autores recitando a súa composición)
Alicia Deibe Rey de 6º B Autora do sonete “Morriña: 


‘‘Morriña’’ Miña casa é un rexo castelo, miña casa é unha fortaleza, e eu son a princesa da nobreza. Quero xa sair, todo fora é belo.
Da raíña nai aprendín a mimar, do rei xigante, con amor a sorrir, co principe infante a convivir, todos xuntos aprendimos a amar.
Quero ver os meus mellores amigos, sen…