Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2019

30 DE XANEIRO, DÍA DA ILUSTRACIÓN.

Unha das datas destacadas dentro do calendario escolar do libro e da lectura 2019 é o día da Ilustración, que se celebra tódolos anos o 30 de xaneiro coincidindo co día do nacemento de Castelao. Nesta data reivindicamos o traballo dos profesionais da ilustación na industria cultural e os autores galegos máis destacados neste ámbito, Os rapaces e rapazas de 5º e 6º celebreremos este día na nosa biblioteca facendo un obradoiro de ilustración de creación libre. Grazas a todos os ilustradores e ilustradoras de Galiza que poñen imaxes ás nosas lecturas e á nosa imaxinación.

POEMAS POLA PAZ

Unha data que a Biblioteca escolar celebrará o 30 de xaneiro é o Día da Paz. Nese día son moitas as actividades programadas no centro, pero dende a Biblioteca escolar propoñemos: Poemas pola Paz; un achegamento á creación poética. Os rapaces e rapazas de 5º e 6º participarán nun obradoiro de creación literaria para traballar a palabra e as súas diferentes interpretacións, a poesía como símbolo da liberdade creativa. E no Día da Paz queremos destacar o significado da palabra liberdade. SEN MUROS NIN BARREIRAS.

PROXECTO 0% PLÁSTICOS NO COLEXIO.

0% plásticos é un ambicioso proxecto que queremos levar a cabo este curso dende a biblioteca. A maior parte dos residuos que xeramos no colexio proveñen dos envoltorios que traemos nas nosas merendas e a maior parte dos produtos que consumimos están envoltos nalgún tipo de plástico. O curso pasado fixemos unha análise deste tipo de residuos co obxectivo de concienciar á comunidade educativa sobre a importancia de rematar con este problema. Recollimos o lixo das clases e do patio durante 7 días. Unha vez rematada a semana analizamos os tipos de envoltorios plásticos e espareximos polo chan todos os residuos. Medimos a superficie que ocupaban e obtivemos un resultado de 25 m2. Se recolleramos o lixo durante tódolos días do curso o lixo alcanzaría unha superficie aproximada duns 2000 m2, suficiente para cubrir o patio de recreo. Pareceunos un dato e unha realidade sobre a que deberiamos reflexionar. E este foi o comezo da nosa idea coa que agora queremos continuar. Pensamos que non debem…

CALENDARIO DO LIBRO E DA LECTURA 2019

BENVIDOS Á NOSA BIBLIOTECA

Que tal, amiguiñxs de BiblioTortu? Hoxe é un día moi especial para todos nós. Despois de moito traballo conseguimos este curso integrarnos no PlanB de Biliotecas Escolares de Galicia. Grazas a este plan poderemos dar un pulo importante á nosa biblioteca, dotala dun montón de recursos e comezar a traballar unha chea de novos proxectos dos que vos iremos informando neste blogue.




As actividades xa comezaron o pasado ano, pero queríamos arrincar este blog co novo ciclo para que todxs poidades seguirnos con atención. Lecturas Compartidas, Contacontos, Kamishibai, Cantos de Nadal,... son algunas das que xa fixemos e das que vos deixo unha mostra no vídeo.



Estade moi atentos ás novidades e pasádeo moi ben con todxs nós.


Ata pronto!!