Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2020

ONDAS DENDE A BIBLIOTECA

E por fin chegou o día!! As ondas xa flúen a través de BiblioTortu.!! Xa está todo preparado para arrincar coa emisión da "grella radiofónica" máis incrible de toda a comarca. A rapazada comeza xa a súa formación cxs colegas de "Rede Espora",  que son os encargadxs de axudarnos a poñer a andar este novo proxecto na nosa biblioteca.  E agora o que precisamos é atopar un nome para a nosa emisora. Queres axudarnos a buscar un? Deixa un comentario debaixo da entrada coa túa idea ou a través das RRSS. 


"A radio marca os minutos da vida; o xornal, as horas; o libro os días" Jacques H. de la Lacreitelle.
"A radio non ten futuro, os RX  resultarán unha farsa e as máquinas voadoras máis pesadas ca o aire son imposibles" William Thomson.


EXPOSICIÓN DE DEBUXO EN BIBLIOTOTTU

A nosa compañeira de 4º de ESO, Andrea Pena Ramón é unha marabillosa artista. Xa hai tempo que queriamos facer unha exposición na nosa biblioteca cos seus debuxos, e agora chegou o momento. Dende este luns podedes ver algúns dos seus debuxos e moi pronto poderedes escoitar a entrevista que lle faremos e na que nos contará moitas cousas sobre a súa afección polo debuxo. Animádevos a pasar por BiblioTortu a gozar coa exposición e de moitas máis cousas.

NOVOS LIBROS NA BIBLIO TORTU!

O outro día tivemos o pracer de estar con Marta Fernández, unha das persoas que levan o novo proxecto para ampliar para ampliar o catálogo de libros de BiblioTortu. Tamén poderémos gozar de xogos de mesa variados como o Uno, o Jenga e moitos máis!
O novo catálogo de libros inclúe o Diario de Nikki (colección enteira) Jerónimo Stilton (tamén colección enteira), Sara y las Goleadoras (o un)... Se queres saber máis sobre este tema, visita a entrevista de Marta, no apartado de Podcast (á dereita).
Esperamos que a disfrutedes moito!