Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2019

EXPOSICIÓN DE ACUARELAS.

Ola amiguiños de BiblioTortu:
Finalmente, a vindeira semana, poderedes visitar  exposición "Explosión de Acuarela" que estará na nosa biblioteca ata finas do mes de Abril para que todxs poidades vir a gozar dela.
Unha aperta de Tortu!!





MARATÓN DE LECTURA- 8M

Ola amiguiñxs de  Bibliotortu:
O pasado 8 de marzo, Bibliotortu foi o escenario do Maratón de lectura con motivo da celebración do Día da Muller Traballadora. Todos os rapaces e rapazas do colexio pasaron ao longo da mañá a realizar diferentes lecturas relacionadas coas biografías de mulleres importantes e destacadas da nosa historia. Foi unha mañá moi especial  para todos da que vos deixamos abaixo un pequeno vídeo.

Saúdos de Tortu para todxs.


FALADOIROS CON MULLERES

Ola novamente, amiguiñxs de BiblioTortu:
Coincidindo coa celebración do Día da Muller Traballadora imos comezar a realizar na biblioteca os "Faladoiros con mulleres". Son todas elas mulleres da nosa contorna, cercanas, mulleres traballadoras que teñen moitas cousas que contarnos. Aínda que comezan mañá, estes Faladoiros farémolos tamén durante a Semana da Prensa na Escola, do 11 ao 15 de marzo. Aproveitaremos esta ocasión para transformarnos en xornalistas e descubrir, coas nosas preguntas, unha chea de cousas magníficas que elas nos contarán en primeira persoa.
Poderedes seguir este Faladoiros no PodCast de BiblioTortu.